Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
As Iluminacións de Rimbaud en galego
[20/07/2012]
Xoán Abeleira traduce íntegro o texto de Arthur Rimbaud, que acaba de aparecer en edición bilingüe e anotada na Colección Banfile. Esta é a primeira vez que o libro se traduce á lingua galega.

Eis un dos poemas traducido:

Nun celeiro onde me pecharon ós doce anos coñecín o mundo, ilustrei a comedia humana. Nunha adega aprendín historia. Nalgunha esmorga nocturna, nunha cidade do norte, batín con todas as mulleres dos pintores antigos. Nun vello pasadizo de París ensináronme as ciencias clásicas. Nunha morada magnífica, cercada polo Oriente enteiro, rematei a miña inmensa obra e pasei o meu ilustre retiro. Mexín o meu sangue. Agora xa estou exento do meu deber. Nin sequera debo pensar máis niso. Son realmente de ultratumba, e nada de comisións.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org