Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
"Novas olladas sobre Rosalía de Castro"
[18/07/2012]
O número 194 da revista Grial, coordinado por María do Cebreiro Rábade e Dolores Vilavedra, dedica o seu monográfico a Rosalía de Castro cando están a piques de cumprirse os 150 anos da publicación de Cantares gallegos.

Co obxectivo de potenciar a renovación dos estudos rosalianos, o novo número de Grial conta no seu monográfico coas seguintes achegas:

—"Rosalía de Castro e a antropóloga feminista Annette Meakin", Catherine Davies
—"Os efectos da aculturación en 'El Cadiceño', de Rosalía de
Castro", María López Sández
—"¿Serían as súas verbas ou as súas vestimentas? Literatas de ambas as
dúas orelas do Atlántico", Kathleen March
—"A biblioteca de Rosalía de Castro", Monserrat Ribao Pereira

En palabras das coordinadoras "Os avances futuros nos estudos rosalianos, aos que este monográfico quere modestamente contribuír, deben producirse, en primeiro lugar, afondando na súa internacionalización, condición que, por outra banda, é intrínseca á propia historia do rosalianismo e os seus fitos, como o Congreso Internacional de 1985 organizado polo Consello da Cultura Galega (cuxas Actas, publicadas en 1986, marcarían un verdadeiro punto de inflexión na articulación crítica dos estudos rosalianísticos), ou as constantes traducións de Rosalía a diversas linguas (dende o inglés ao xaponés). Os artigos que se reúnen aquí queren ser fieis a esa condición, tanto polos temas abordados como polo ámbito de traballo das persoas que os asinan".

 

sumario_194.pdf (.pdf 153 Kb)
limiar.pdf (.pdf 312 Kb)
catherine_davies.pdf (.pdf 462 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org