Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
X Congreso da AIEG
[13/07/2012]
A Asociación Internacional de Estudos Galegos organiza a décima edición deste congreso que terá lugar en Cardiff (Gales) entre o 12 e o 14 de setembro, e que leva por título "Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos".

Nesta convocatoria participarán arredor de 125 relatores, tanto galegos como tamén expertos doutros países que centran as súas investigacións en Galicia. Este congreso busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñás de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.

A matrícula está aberta até o 3 de setembro. Máis información na páxina web da AIEG.

programa_provisional.pdf (.pdf 276 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org