Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Recitais de poesía e música en Riveira
[07/07/2012]
A Asociación Cultural Na Brétema de Riveira programa encontros de poesía e música todos os domingos de xullo e agosto, co obxectivo de crear un espazo de encontro e dar a coñecer autores noveis da comarca.

Os recitais, que darán comezo o domingo 8 de xullo, terán lugar no Bar Brétema ás 21:30 h e contarán, entre outros, coa participación de Alicia Padín e o pianista Toño Pita.

Nas catro primeiras sesións do mes de xullo, chamadas "Cadernos de Viaxe", "Conmemoracións", "Sesión Gholfa" e "Todas as Linguas", poderanse escoitar fragmentos das obras de autores galegos como Rosalía de Castro, Valentín Paz Andrade, Lois Pereiro ou os internacionais Fernando Pessoa, Rainer Rilke e Walt Withman.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org