A orixe deste proxecto multidisciplinar, que foi presentado aos medios o luns 4 de xuño pola Vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez, os comisarios da mostra e o coordinador de NORMAL, Luís Caparrós, atópase no manifesto visual Put Things in Order, desenvolvido polo deseñador Dani Bembibre xunto a María América, entre Helsinki e Barcelona no ano 2006. A mostra contará coa participación de máis de 25 artistas, entre arquitectos, fotógrafos, deseñadores e músicos, e todo o evento, incluída a súa montaxe, será rexistrado para a creación dun documental que resuma e arquive a experiencia.
A natureza multidisciplinar das propostas e as charlas e concertos intercalados no programa pretenden materializar, así mesmo, unha metáfora do que é todo acto creador moderno e do que pretende ser o propio espazo que a acolle, un contenedor de cultura contemporánea ("NORMAL quer ser ... permanente interrogación").
A mostra poderá visitarse en NORMAL (Paseo de Ronda 47, A Coruña) desde o próximo luns 11 de xuño e ata o 20 de xullo, de luns a venres en horario de 11 a 22 h. A entrada é de balde.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org