O Consello da Cultura Galega vén de reeditar esta obra cun estudo crítico asinado polo profesor Luís Pérez Rodríguez. A edición inclúe dous cedés, un cunha conferencia de Eduardo Blanco Amor sobre o tema que o escritor ourensán ofreceu en Bos Aires no ano 1959; e o outro, cun recital musical que en 1996 prepararon a soprano Marta de Castro e o compositor e pianista Isidro B. Maitzegui, recital por certo acollido tamén no seo desta Institución.
No acto de presentación interviron o autor do libro, Luís Pérez Rodríguez, o presidente do Consello, Ramón Villares, e a investigadora María do Cebreiro Rábade, en representación do Grupo Alea de Análise Poética.
No entanto, non é esta a única publicación destacable do CCG nas últimas semanas, posto que tamén saíu do prelo recentemente, como sinalamos nesta mesma sección, a edición fasímile do Canto do pobo disperso de Valentín Paz Andrade, ao coidado da profesora María Xesús Lama, obra que inauguraba, así mesmo, a colección de libros electrónicos da Institución.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org