Hai uns meses coñecíase a vencedora da última edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, Lorena Souto, coa obra Fase de trema, que estes días chega ás librarías e que logo da súa presentación en Fene recalará en Santiago, na Libraría Couceiro, o próximo mércores 30 de maio.
Pola súa parte, máis recente é o fallo do Premio Concello de Carral, outorgado na súa última edición a Roi Vidal, e cuxa entrega se fará hoxe venres 25 de maio na Casa de Cultura deste concello, ao tempo que se presenta o libro vencedor da pasada edición, o Libro das mentiras, de Emma Pedreira. A obra de Roi Vidal distinguida con este galardón titúlase Teatro.
Finalmente, estes días sóubose tamén da resolución do Premio Johán Carballeira, outorgado a Berta Dávila pola obra Raíz da fenda.
Os premios poéticos seguen a ser un xeito de dar visibilidade e azos ás autoras e autores que cultivan a poesía, e un foco de estudo interesante para todos aqueles investigadores e investigadoras que queren facer un mapa ou comprensión máis fonda do fenómeno poético en Galicia.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org