Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Poemas antes do lixo
[20/05/2012]
Con motivo da segunda edición do encontro artístico Enarborar o bosque que se celebrará o 10 de xuño en Beariz, o colectivo Arteu prepara unha instalación poética. As persoas interesadas en colaborar deberán facerlles chegar os seus poemas escritos nos rolos de cartón do papel hixiénico.

Enarborar o bosque é un encontro interartístico que pretende concienciar a sociedade da importancia da conservación do patrimonio natural. Este ano celebrarase na Carballeira do Cotapereira en Doade (Beariz) o día 10 de xuño.

Os poemas escritos sobre os rolos de cartón do papel hixiénico deberanse remitir antes do 8 de xuño ao seguinte enderezo:

Poemas antes do lixo
arTeu arte+sociedade
Aptdo 223
15660 Cambre
A Coruña

Tamén se poden levar directamente ao encontro o 10 de xuño.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org