Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Velada de poesía galega en Cracovia
[11/05/2012]
O domingo 13 de maio terá lugar no Teatr Słowackiego de Cracovia unha velada poética dedicada á poesía galega. Tres actores recitarán textos escolmados por Maria Filipowicz-Rudek pertencentes á tradición medieval e a autores contemporáneos como Rosalía, Cunqueiro, Xohana Torres, Manuel Rivas e outros.

Velada poética matinal, no marco do denominado Salón de
Poesía que ten lugar case todos os domingos ás 12 da mañá no Teatro Słowackiego, un dos máis importantes de Cracovia.

A velada do domingo día 13 de maio está dedicada á poesía galega e titúlase Życie tutaj to zjawisko atmosferyczne [A vida aquí é un fenómeno atmosférico]. A programación de Joanna Mastalerz, directora destes eventos, consistirá nunha breve introdución sobre Galicia e a súa literatura a cargo de Maria Filipowicz-
Rudek, directora do Centro de Estudos Galegos de Cracovia, seguida dun recital de textos poéticos e prosísticos traducidos ao polaco pola mesma profesora e os seus estudantes. Entre eles, cantigas de amigo e de amor e poemas da autoría de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Xohana Torres, Manuel María, Lois Pereiro, Fran Alonso e Manuel Rivas.

As actrices Joanna Mastalerz e Dominika Bednarczyk e o actor Radosław Krzyżowski recitarán os textos organizados en tres partes entrelazadas unhas con outras arredor dos conceptos de vida, palabra e amor. O gaiteiro escocés Lindsey Davidson, o violinista Paweł Wajrak e o guitarrista Michał Nagy interpretarán composicións orixinais inspiradas na música tradicional galega.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org