Barcelona Poesía (Festival Internacional de Poesía de Barcelona) comezou en 1985 por iniciativa de Àlex Susanna e Mario Muchnick e contou co apoio da Feira do Libro local. Na actualidade o seu espazo de referencia é o Palau de la Música Catalana, se ben a implicación do Concello e do Instituto da Cultura de Barcelona levaron a que a partir de 1997, e durante varios días, se celebren lecturas en diferentes espazos públicos urbanos. O festival, un dos máis antigos entre os que teñen lugar en Europa, mantén a aspiración de incidir no feito e no pensamento poéticos e tamén a de xerar actividades de investigación arredor da poesía. É, alén diso, un "festival de cidade", no que participan boa parte dos colectivos, institucións e entidades que durante o ano manteñen vivo o tecido poético de Barcelona.
[Tomado da web do Festival]
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org