Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Olga Novo, Premio da Crítica Española
[23/04/2012]
Coa obra Cráter, a autora impúxose na modalidade de poesía en lingua galega. O xurado destacou a potencia dunha escrita ligada á terra, á sexualidade e ao espírito libertario. O libro, publicado en Toxosoutos, conta cun prólogo de Carmen Blanco.

O premio ao mellor libro de poesía en lingua catalá obtívoo o poeta Perejaume pola obra Pagèsiques. Pola súa parte, Aritz Gorrotxategi foi distinguido co galardón na modalidade de poesía en éuscaro con Hariaz Beste. En lingua española o premio foille concedido a título póstumo a Tomás Segovia por Estuario.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org