Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
'Filosofía e sentidos'. XLIX Congreso de Filosofía Xoven. Universidade da Coruña, 25-27 abril
[18/04/2012]
Organizado por Universidade Invisíbel e baixo o lema 'Filosofía e sentidos', o congreso desenvolverase no espazo de intervención cultural NORMAL da UdC. Xirará en torno á relación da filosofía cos sentidos; dende a arte e a estética como sentido, ás sensacións que de feito teñen lugar nas experiencias científicas ou políticas.

O Congreso céntrase nas zonas de transición e intercambio entre disciplinas, así como no doble vínculo: a arte fainos sentir, pero sentindo coñecemos doutro modo, xeramos outra política, outra vida, outro espazo público ou común. Introduce unha liña transversal en torno á cuestión da tecnoloxía e a realidade virtual dende o punto de vista da Historia da Filosofía.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org