Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Novo dossier: edición contrastada d'Os Eidos
[10/04/2012]
poesiagalega.org ofrece un novo dossier. Trátase dunha edición contrastada e parcialmente xenética do primeiro libro de Uxío Novoneyra, debida ao profesor Anxo Tarrío Varela. O documento incorpora un sistema de navegación interno que permite contrastar cromaticamente os cambios existentes entre o derradeiro manuscrito autógrafo da obra (1952-1954) e a súa edición orixinal (1955).


Este dossier constitúe unha ampliación da edición facsimilar do manuscrito d'Os Eidos que Anxo Tarrío Varela preparou hai dous anos para o libro Día das Letras Galegas 2010. Uxío Novoneyra, editado por el mesmo baixo o selo da Universidade de Santiago de Compostela.

O sistema de navegación do documento, deseñado e desenvolvido por Manuel Martínez Barreiro, constitúe un áxil e atractivo complemento, que non só permite apreciar co máximo detalle a caligrafía e os debuxos de Novoneyra senón que asemade facilita -segundo interese ao lector/a- o acceso independente á edición de 1955 ou ao caderno no que o autor redactou entre 1952 e 1954 o derradeiro autógrafo d'Os Eidos antes de o dar ao prelo.

O equipo de poesiagalega.org agradece a colaboración de Anxo Tarrío Varela co proxecto.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org