Chankecham, pseudónimo de Francisco Barros Cascallar (Pontecesures, 1931), é un poeta, escritor e artista que reiventou a imprenta de Gutenberg para dar a lume curtas tiraxes de cada un dos títulos, "incunables" contemporáneos. Autor de cantigas e odas poéticas, entre as que se atopa Lira celta, publicada en 1964 na Casa de Galicia de São Paulo, escribiu tamén ensaios políticos, como as utopías galácticas Galitopia e Viagem ao fim dos tempos.
"Do it yourself!" presenta o Legado Chankecham á Biblioteca de Galicia, composto por nove libros, o tórculo, a imprenta, os tipos e o instrumental, as pranchas de gravado, así como documentación sobre o seu labor creativo. Acompañando a exposición preséntase un filme sobre arredor da súa figura realizado por Simón Vázquez.
A exposición poderase visitar na Cidade da Cultura (Monte Gaiás), de Santiago de Compostela, até o 10 de xuño.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org