Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Publícase un monográfico sobre comparatismo galego en CLCWeb
[20/03/2012]
A revista CLCWeb Comparative Literature and Culture, de Purdue University, dirixida por Steven Tötösy de Zepetnek, dedica o seu último número aos rumbos da comparatística galega actual. Os coordinadores son Teresa Vilariño e Anxo Abuín, da área de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela.

O acceso aos artigos do monográfico New Trends in Iberian Galician Comparative Literature é libre. Nel hai traballos de diferente temática asinados por Darío Villanueva, César Domínguez, Elias Torres Feijó, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo Casas, Manuela Palacios González, Carmen Becerra Suárez, Santiago Gutiérrez García, Dolores Vilavedra, Anxo Abuín, María do Cebreiro Rábade Villar, María Ángeles Rodríguez Fontela, Olivia Rodríguez González, Teresa Vilariño Picos, Anne MacCarthy e Antonio J. Gil González.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org