Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Recuperación da colección Tambo
[13/03/2012]
Faktoría K recupera esta colección de poesía que desde o ano 2006 fora substituída pola Colección Cíes. Os primeiros títulos son Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, e a antoloxía de poetas vascos Alén da fronteira.

Nesta nova etapa, coordinada tamén por Luís Rei Núñez, a colección ábrese ás traducións de poetas foráneos ao galego. Así, a antoloxía de poetas vascos Alén da fronteira inclúe traballos de Luigi Anselmi, Bernardo Atxaga, Jon Gerediaga, Tere Irastortza, Xabier Lete, Xabier Montoia e Joseba Sarrionandia.

Segundo avanza a editorial Faktoría K, o próximo título da Colección Tambo será Tríptico, tradución do poemario do catalán Antoni Marí.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org