O 24 de febreiro de 2012 cumpriranse 175 anos do nacemento dunha poeta galega universal. Esta data está oficialmente recollida como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no marco do seu Calendario do Libro e a Lectura. A Asociación de Escritores en Lingua Galega quere promover a participación das escolas, os concellos e a sociedade en xeral nesta conmemoración.
A AELG pide aos concellos que inclúan o Día de Rosalía nas súas programacións culturais, e anima aos centros escolares a facer actividades que teñan como eixo a lembranza e enxalzamento da escritora.
O chamamento máis xeral, con todo, é aquel que se lle fai a todos os galegos: que regalen un libro e unha flor neste día.
De momento, hai actos confirmados no Panteón dos Galegos Ilustres de Santiago, no Kiosko Alfonso da Coruña, no IES Lucus Augusti de Lugo ou no Liceo de Ourense, entre outros puntos da xeografía galega.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org