Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Falece a poeta polaca Wisława Szymborska
[07/02/2012]
O 1 de febreiro deixounos unha das voces máis recoñecidas da literatura polaca, galardoada en 1996 co Premio Nobel.

Wisława Szymborska, que nacera en Kórnik en 1923, é a autora duna extensa obra poética caracterizada pola constante reflexión sobre o lugar que o ser humano ocupa no mundo. Alén da súa linguaxe sinxela, tense salientado o sutil manexo da ironía e do humor á hora de se enfrontar aos grandes temas da súa poesía: a morte, a guerra, a Historia, a condición humana.

Malia ao recoñecemento e a popularidade lograda no seu país, a poesía de Szymobrska non foi difundida nós até a concesión do Premio Nobel. Ás traducións ao castelán e ao catalán sumouse recentemente unha versión galega, Versos escollidos (Edicións Positivas), cuxa edición, tradución e limiar corresponden a Lucía Caeiro. Trátase dunha escolma representativa da súa poesía que ten como base unha antoloxía da propia autora.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org