Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Poesía e espazo público na revista Tropelías
[02/02/2012]
Co título "Poesía y espacio público: condiciones, intervención, efectos", o monográfico acolle os traballos de dez especialistas de distintas universidades, coordinados por Arturo Casas.

Os artigos  de perfil máis teórico abordan as ideas de subxectividade e subxectivación na cultura actual (Juan Carlos Rodríguez), o concepto de resistencia (Rosa Maria Martelo), as tipoloxías e métodos da intervención poética (Jordi Claramonte Arrufat) ou os vínculos entre experiencia do cotián e a polis (Claude Le Bigot).

Outras das achegas asumen unha perspectiva máis aplicada e investigan a relación entre poesía e crónica na poesía de Jorge Riechmann (Laura Scarano), o concepto de expoesía a partir de procesos artísticos contemporáneos na Arxentina (Susana Romano Sued), a inscrición espectacular de distintas poéticas galegas contemporáneas (Isaac Lourido Hermida), as ideas sobre o poeta e o poético na escrita de Antonio Skármeta (Cornelia Graebner), a intervención social e poética de Washington Cucurto (Ben Bollig) ou os trazos da guaracha cubana como xénero poético e popular (Ana Chouciño Fernández).

Todos os contidos do dossier son de acceso público no sitio web de Tropelías: Revista de Teoría de la Literatura y Literatura Comparada.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org