Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Sae á rúa o Protexta 19
[26/01/2012]
O novo número do sumplemento literario da revista Tempos Novos inclúe, entre outros contidos, un achegamento ao Proxecto Derriba, entrevistas e varias recensións sobre a produción cultural galega dos últimos meses.

Protexta 19 ábrese cun achegamento ao Proxecto Derriba (www.proxectoderriba.org) desde o seu nacemento ata as actividades que organizan; entre as máis recentes figuran un obradoiro no Museo Verbum de Vigo e a súa colaboración con Estaleiro Editora que deu lugar xa á edición de catro monografías de diferentes pensadores (Negri, Vattimo, Derrida e Jameson) ás que seguirán outras dúas sobre Ulrich Beck e Terry Eagleton.

No apartado de entrevistas, Fran Alonso declara que por unha banda lle alegraría que houbese best-sellers na literatura galega, porque iso sería un síntoma dunha literatura normalizada, se ben expresa tamén as súas dúbidas con respecto á calidade e á improbabilidade de logralo todo, normalización e calidade. A entrevista a Arturo Casas, noutra orde de cousas, excúsase (en palabras da entrevistadora) na publicación de Alusión, pero salta desde o blog que foi a orixe dese libro (Efémeras Lándoas) ás redes sociais, ao pracer da escrita, ao humor e ao discurso político nos seus post.

Atópanse aínda recensións sobre as publicacións máis recentes nos diferentes xéneros, formatos e eidos da escrita (ensaio, banda deseñada, LIX, poesía, teatro, tradución), que dan pé a reflexións profundas sobre todo tipo de cuestións, como por exemplo as que falan de globalización como imperialismo ou da teorización sobre a indignación.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org