Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
As escollas electivas
[19/01/2012]
O día do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro inaugurouse o blog As escollas electivas, centrado nos poetas contemporáneos en lingua galega.

O recentemente inaugurado blog é unha iniciativa privada impulsada por Suso Díaz e Maripaz Paz que pretende aglutinar e ofrecer información sobre os poetas galegos vivos.

Neste momento, están xa incorporados á web Baldo Ramos, Manuel Forcadela, Miro Villar, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Xosé María Álvarez Cáccamo. 

Os poetas para seren incluídos terán:

  1. Que ser proposto/a por outro/a poeta.
  2. Escribir poesía en lingua galega, independientemente do lugar de residencia ou da nacionalidade.
  3. Nomear alomenos a outro/a poeta, ata un máximo de dez.

Cada poeta achegará:

  1. Bio-bibliografía.
  2. 1 fotografía.
  3. Nomeado/a por.
  4. Mencionar a (máximo 10 nomes de poetas vivos en lingua galega).
  5. Poética (espazo libre no que expresar a túa reflexión en canto á poesía).
  6. Enderezos electrónicos do autor (caderno, web, facebook, twitter, tuenti…)
  7. Selección de poemas. Pode estar publicado ou ser inédito.
  8. De ser o caso, tamén se admiten enderezos de audio e vídeo, co son e a imaxe do/da poeta, aloxados en YouTube, Goear, ou calquera outro portal semellante.

O material achegarase en formato .odt, .doc ou .docx.

A imaxe en formato .jpg.

Dito material será achegado polo interesado persoalmente. Non se admiten envíos de terceiras persoas.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org