Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Proxecto Le.es
[13/03/2012]
Lanzamento do web do proxecto de investigación da Universidade de Santiago "Le.es: A literatura electrónica en España (Inventario e estudo)", coordinado por Anxo Abuín.

Este proxecto vinculado a Área de Teoría de Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela vén de lanzar unha web divulgativa (www.proxectole.es) que recolle un inventario dos autores/as máis importantes da península ibérica dedicados/as á creación e ao estudo da literatura nos novos medios. 

O equipo está formado por 11 investigadores galegos procedentes da filoloxía e a literatura comparada, así como tamén do teatro ou o xornalismo. Ademais de Anxo Abuín, coordinador do proxecto, participan: María Teresa Vilariño, Darío Villanueva, Alfonso Riverfa Manuel del Río, Andrea Álvarez Pino, David Muíño, María López Suárez, Iria Castro, Saúl Rivas e María Yáñez.

Dentro deste proxecto multidisciplinar ten especial relevancia o estudo da performance cultural e artística, en especial aquela que utiliza os novos medios, a través do blog Magmática, coordinado por Andrea Álvarez Pino e María lópez Suárez.

A web acollerá nos próximos meses un espazo para a creación de literatura electrónica feita en Galicia e a recuperación de obras pioneiras.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org