Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Ampliación e mellora dos buscadores
[23/12/2011]
Contra finais de ano ou comezos de 2012 poesiagalega.org presentará algunhas melloras. A principal será unha segunda versión dos buscadores internos destinada a facilitar o labor dos usuarios/as menos afeitos ao traballo con bases de datos, en particular para efectuar buscas por nomes de autor/a ou títulos.

Ademais destas melloras implementarase un sistema que permitirá visualizar listaxes de autores/as e títulos.

En breve procederase así mesmo ao peche e edición en pdf do número 1 de Revista de Poesía, abrindo consecuentemente a fase líquida ou aberta do número 2.

Por último, renovaremos o dossier para ofrecer unha interesante edición contrastiva do primeiro libro de Uxío Novoneyra, ao coidado de Anxo Tarrío Varela. O contraste realízase entre a edición orixinal d'Os eidos e o manuscrito definitivo desta obra, o cal permitirá apreciar as modificacións levadas a efecto polo autor, importantes sobre todo desde unha perspectiva xenético-textual, poética e retórica.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org