O obxectivo do proxecto é emprender unha análise da obra narrativa de Rosalía de Castro dende tres claves metodolóxicas: historiografía literaria comparada, estudos de xénero e estudos de tradución. Asemade, o proxecto pretende contribuír á difusión social da literatura de Rosalía e participar do proceso de renovación dos estudos rosalianos.
Os membros do grupo son: Fernando Cabo Aseguinolaza (USC), Margarita García Candeira (Universidade de Huelva), Helena Miguélez Carballeira (Universidade de Bangor), Kirsty Hooper (Universidade de Liverpool), María López Sández (USC), Manus O'Duibhir (USC), María do Cebreiro Rábade Villar (USC), Mirta Suquet Martínez (USC) e Dolores Vilavedra (USC).
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org