Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Congreso Lois Pereiro
[16/12/2011]
Como colofón ás actividades desenvolvidas durante o 2011 sobre Lois Pereiro, a Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña, organiza o Congreso Lois Pereiro entre o 15 e o 17 de decembro.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel Rivas Barrós.

O congreso abriuse coa conferencia inaugural de Pere Gimferrer "Un poeta europeo"; tras del participarán: Antón Lopo, María do Cebreiro, Luís Cochón, Arturo Casas, Daniel Salgado, Anxo Angueira, María Xesús Nogueira, Miguel Mato Fondo, Olivia Rodríguez, José Luís Calvo Vidal, Xabier Cordal, Carlos Gegúndez López, Antón Patiño, Mercedes Queixas, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, X. Manuel Outeiriño e Luz Pozo.

O congreso está recoñecido cun crédito e libre configuración pola Universidade da Coruña.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org