Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Isaac Fernández gaña o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón
[12/12/2011]
A obra Con gume de folla húmida do coruñés Isaac Fernández, coñecido como Isaac Xubín, resultou gañadora da vixésimo cuarta edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e será publicada pola editorial Sotelo Blanco.

O xurado, presidido polo alcalde do Concello de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza, e composto por Rosa Enríquez Noya, Carlos Negro, Román Raña, Luis Valle e a edil de cultura Cristina Codesido (secretaria), destacou a "tensión poética mantida ó longo do poemario, permite a fluidez dos versos de xeito natural, cunha mistura da lingua, do tempo e da terra".

Algúns dos premiados en anteriores edicións son: Emma Pedreira, Xabier Xil Xardón, Lupe Gómez, Emma Couceiro, Rafa Vilar, Estevo Creus, Xabier Cordal, Gonzalo Navaza...

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org