O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Valentín García Gómez, Xoán Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez Fernández, acordou por unanimidade outorgarlle o premio á obra de Rafa Vilar, "composición poética con piratas bos, xoguetóns e atractivos". O poemario Patente de corso (pequeno dicionario pirata), escrito en estrofas de 2 a 4 versos, está protagonizado por piratas "máis ben inxenuos, que mesmo esquecen cargar os canóns para librar así unhas batallas nas que ningué se magoa".
O premio, dotado de 1000 euros e a publicación da obra, será entregado no mes de decembro nun acto público na Sede da Fundación Xosé Neira Vilas.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org