Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Alberto Avendaño no Smithsonian Latino Center de Washington D.C.
[29/11/2011]
O mércores 30 de novembro celebrarase en Washington D.C. unha festa de música e poesía en voz alta na que participará o poeta galego Alberto Avendaño, xunto con autores procedentes do Salvador, Colombia, Ecuador e Puerto Rico.

A festa comezará ás 18 h. (horario local; 00:30 do xoves 1 en Galiza) e poderá seguirse en vivo no webcast do SLC clicando nesta ligazón.

Poetas participantes: o ecuatoriano José Ballesteros, a colombiana Consuelo Hernández, os portorriqueños Samuel Miranda, Egla Morales Blouin e Naomí Ayala, os salvadoreños Quique Avilés e Carlos Parada e o galego Alberto Avendaño.

Música: Patricio Zamorano e a súa banda.

Curador: Luis Alberto Ambroggio, da Academia Norteamericana de la Lengua Española.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org