Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
César Morán canta a Cunqueiro
[28/11/2011]
A Editorial Galaxia vén de publicar o libro-disco de César Morán Haberá primavera. Catorce poemas, catorce cancións onde versiona poemas de Álvaro Cunqueiro. A obra inclúe, ademais, a derradeira entrevista que Cunqueiro concedeu en vida e un poema do propio César Morán.

Coincidindo co centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, o músico César Morán saca á luz o libro Haberá primavera, que vai acompañado de dous cds: no primeiro están as versións de catorce poemas do autor mindoniense e un do propio músico; no segundo ofrécesenos a derradeira entrevista concedida por Álvaro Cunqueiro, precisamente a César Morán.

O libro-disco, de carácter intimista, achega guitarra, frauta traveseira, saxo alto, contrabaixo e percusión e conta coa colaboración de Uxía Senlle.

O concerto de presentación terá lugar o 20 de decembro ás 20 h no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org