Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Elvira Riveiro gaña o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas
[16/11/2011]
O poemario carnia haikai, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro, foi a obra premiada na sexta edición deste certame convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón.

O pasado sábado día 12 de novembro, durante a Cea das Letras, deuse a coñecer a obra gañadora desta nova edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas ademais de presentarse Amantes, de María Lado, premiada o ano pasado.

carnia haikai é un conxunto de poemas curtos escritos ao estilo dos haikais xaponeses dos que Francisco Quiroga López, presidente da Asociación Cultural Caldeirón, destacou a orixinalidade do seu estilo. Elvira Riveiro é autora de poemarios como Présa, Andar ao leu, Arroz á cantonesa e Arxilosa.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org