Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Xornadas de literatura galega en Múnich
[07/11/2011]
O martes 8 de novembro, coa intervención de María Reimóndez, péchanse estas xornadas organizadas polo Instituto Cervantes de Múnich e que este ano versaron sobre Galicia, a súa lingua e a súa cultura.

O Instituto Cervantes de Múnich, en colaboración coa Consellería de Cultura de Múnich e a Residencia Internacional de Artistas Villa Waldberta, dedicou as súas xornadas literarias deste ano a Galicia. O obxectivo foi ofrecer un retrato da súa riqueza cultural a través da participación das escritoras Yolanda Castaño e María Reimóndez, o grupo musical de Lucía Martínez (Azulcielo) e o proxecto vangardista interdicisciplinar Tender a man.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org