O xurado, composto por Rosa Aneiros, Andrea Nunes e Marica Campo, decidiu por unanimidade escoller como gañador o poemario Fase de trema de Lorena Souto, licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago e membro do consello de redacción da revista Dorna. A autora definiu o seu libro como "unha evolución da percepción da realidade contra os estereotipos do patriarcado desde unha perspectiva feminina no que o eu acaba abrazando un ton máis colectivo e múltiple".
O acto de entrega celebrarase o 19 de novembro en Fene e a obra será publicada na editorial Espiral Maior.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org