Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Os libros do Festival da Poesia no Condado en poesiagalega.org
[24/10/2011]
Comezando pola entrega do ano 2004, serán postos a disposición do público a totalidade dos libros conmemorativos do Festival da Poesia organizado pola Sociedade Cultural e Deportiva do Condado desde a súa primeira edición en 1981.

Co obxectivo de ampliar e diversificar os materiais ofrecidos en poesiagalega.org, o equipo do proxecto emprende a tarefa de incorporar ao seu repositorio as antoloxías publicadas das sucesivas edicións do Festival da Poesia no Condado.

Este festival constitúe un importante referente en eventos do seu perfil no campo literario galego, e caracterizouse desde os seus inicios pola procura dunha converxencia efectiva entre poesía, pensamento crítico e transformación social. A través destes volumes accederemos á produción dos poetas participantes en cada convocatoria, procedentes na súa maior parte de Galiza mais cunha presenza tamén importante de poetas doutros países da lusofonía, o País Vasco ou Cataluña. Ademais, a incorporación de outros materiais artísticos (fotografías, deseños, viñetas) aumenta o valor da publicación en moitas das entregas.

Neste traballo de recuperación e dixitalización foi imprescindíbel a colaboración da entidade organizadora do festival, a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, a quen poesiagalega.org quere manifestar publicamente o seu agradecemento.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org