A Universidade da Coruña considerou que Manuel Rivas "é o máis senlleiro escritor coruñés vivo e un dos máis polifacéticos e relevantes creadores en lingua galega, como pon de relevo a súa extensa traxectoria como xornalista, narrador e poeta." Como Honoris Causa, o seu padriño na universidade será o profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro.
Doutra banda, entre os méritos do hispanista John Rutherford (Saint Alban, Reino Unido) están ser o tradutor ao inglés de Castelao e Méndez Ferrín, vicepresidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos de 1991 a 1997, Medalla Castelao en 1998, premio Trasalba en 2007, académico honorario da Real Academia Galega en 2008... O seu padriño na universidade será Antonio R. De Toro Santos.
[Fotografía tomada da fototeca da AELG. Autor: Santos-Díez (Ollo de Vidro-ACAB), 2010]
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org