Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
2012, Ano Celso Emilio Ferreiro
[17/10/2011]
O Parlamento de Galicia acordou o pasado martes declarar o 2012 como Ano de Celso Emilio Ferreiro e as actuacións que se deben levar a cabo co fin de conmemorar o centenario do seu nacemento.

O PP de Galicia propuxo declarar o 2012 como ano de Celso Emilio Ferreiro co gallo do centenario do seu nacemento, e a súa proposta foi aprobada por unanimidade parlamentaria. Destacan o seu labor como renovador da literatura galega e a súa actividade política e literaria de compromiso con Galicia e defensa das liberdades democráticas.

A Xunta de Galicia elaborará, preferentemente antes do 4 de xaneiro de 2012, un plan de actuación que incluirá a promoción e difusión da súa figura e da súa obra e procurará a implicación de institucións públicas e culturais (especialmente a Fundación Celso Emilio).

No plano editorial, Ramón Nicolás prepara unha biografía que será publicada por Xerais, e reivindica que hai moitas áreas pouco estudadas da obra do autor de Longa noite de pedra e Viaxe ao país dos ananos, particularmente no tocante á prosa e á súa obra xornalística.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org