A Feira Internacional do Libro de Frankfurt celébrase nesta LXIII edición entre o 12 e o 16 de outubro, e nela participan uns 7500 expositores de 100 países. A Xunta de Galicia conta cun expositor no que comparecen 19 selos editoriais galegos: Tambre, Xerais, Biblos, Ir Indo, Kalandraka, Nova Galicia, Galaxia, Hércules, Everest, Espiral Maior, Toxosoutos, Baía, Ideaspropias, OQO, Linteo, Embora, Andavira, Rinoceronte e Alvarellos, alén da presenza da Libraría Formatos, da Coruña, e da Universidade de Vigo nun posto conxunto con outras universidades españolas.
No seo deste evento, o venres 14 de outubro preséntase a colección Galician Classics que promove a Xunta de Galicia para difundir a literatura galega no mundo a partir da súa tradución ao inglés. As obras inaugurais son os Collected Poems de Lois Pereiro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011, e Folks from Here and There (tradución de Xente de aquí e de acolá) de Álvaro Cunqueiro, autor do que neste 2011 se conmemora o centenario do seu nacemento.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org