Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Fernando Moreiras gaña o premio Plácido Castro de tradución
[10/10/2011]
A obra gañadora da décima edición deste certame foi a tradución do Ensaio sobre a crítica de Alexander Pope, a cargo de Fernando Moreiras, profesor da Universidade de Vigo. Trátase da primeira vez que Alexander Pope é traducido ao galego.

O xurado, integrado por representantes da Fundación Plácido Castro, a Asociación de Tradutores Galegos, a Universidade de Vigo, a Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, destacou a excelencia da tradución e a calidade da reprodución dos esquemas rítmicos da obra orixinal.

Ensaio sobre a crítica (1711) é a primeira obra poética de Alexander Pope, considerado un dos máis destacados poetas ingleses.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org