Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Poesía en pub: ciclo Picaversos
[02/10/2011]
O martes 4 de outubro ás 21 h. dará comezo no pub Modus Vivendi de Compostela un ciclo de lecturas poéticas que arranca coa intervención "Incorruptíbeis" e a participación de Olga Novo, Martin Wu (The Homens) e Lupe Gómez.

PICAVERSOS convocará cada quince días unha nova sesión dunha duración aproximada de hora e media. Nela, tres convidados (que poden ser escritoras, pero tamén músicos, ou xente do teatro, ou taberneiras, ou magos…) escollerán os seus textos poéticos preferidos arredor dun lema. Lerán textos propios e alleos. PICAVERSOS quere recuperar, dunha parte, o pracer de compartir unha lectura que nos gusta en voz alta, e doutra, o pracer de escoitala. PICAVERSOS pretende visibilizar a poesía fóra do eido exclusivamente literario e ampliar o seu público. Quere reunir voces diversas sen espazo conxunto nas programacións institucionais. E busca recuperar as lecturas poéticas amplas, non tan orientadas á produción propia como lecturas escollidas (e preferidas) sobre un tema proposto. A entrada a cada sesión do ciclo custa 2 €.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org