Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Un libro inédito de Gonzalo López Abente
[05/10/2011]
Chega ás librarías Bretemada, un poemario inédito do escritor muxián Gonzalo López Abente publicado conxuntamente pola Fundación López Abente e a Editorial Alvarellos na Colección Rescate.

O manuscrito orixinal do ano 1922, integrado por cen poemas, atopábase na Real Academia Galega, que permitiu a edición a cargo de Miro Villar con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín. Gonzalo López Abente, escritor e activista cultural a quen en 1971 se lle dedicou o Día das Letras Galegas, escribiu os poemas de Bretemada (unha metonimia de Galicia) entre os anos 1917 e 1922.

Como poeta, López Abente (1878-1963) comeza coa publicación de Escumas da Ribeira e Alento de Raza, nos que describe a paisaxe galega e a súa alma intimamente unida a el. En 1924 publica D'outono e en 1929, Nemancos. O mar está presente en todos os poemas da súa última obra poética en vida Centileos nas ondas (1958). Tras a súa morte publicáronse outros dous libros: Decrúa (1966) e Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca.

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org