A editorial Peter Lang vén de publicar na serie “Hispanic Studies. Culture and Ideas” un volume coordinado por Arturo Casas (GAAP-USC) e Ben Bollig (University of Oxford) co título Resistance and Emancipation. Cultural and Poetic Practices. Recóllese nel unha parte significativa dos traballos desenvolvidos pola rede internacional Poéticas de Resistencia nos encontros científicos que tiveron lugar nas Universidades de Leeds e Santiago de Compostela nos anos 2008 e 2009. Na rede participan, xunto co núcleo galego, outros investigadores e produtores artísticos procedentes de México, Brasil, Perú, Chile, Uruguai, Arxentina, Sahara Occidental, Portugal, España, Francia, Países Baixos, Alemaña e Reino Unido.
Véxase o índice do libro clicando aquí.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org