Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Edición ampliada do dossier Lois Pereiro. Achegas críticas
[24/09/2011]
Na primeira semana de outubro estará lista a segunda e definitiva edición do dossier Lois Pereiro. Achegas críticas, ampliado con parte da documentación e publicacións que trouxo consigo a celebración das Letras 2011.

A celebración dun 17 de maio dedicado ao poeta de Monforte supuxo unha explosión festiva pero tamén documental e crítica arredor da súa figura humana, das súas relacións de amizade, dos proxectos que compartiu e por suposto da súa obra, vista esta de xeito renovado á luz dos seus gustos musicais, pictóricos, cinematográficos, literarios...

A segunda edición do dossier estaba prevista polo equipo do proxecto desde a aparición da primeira, en abril deste mesmo ano. Loxicamente, era imposíbel presentar unha especie de summa que recadase a totalidade dos materiais críticos que agromaron nestes meses por todo o país. Impídeo entre outros motivos o obrigado respecto aos dereitos de autoría e edición. Con todo, mercé á xenerosidade de medios e produtores culturais, conseguíuse plasmar un reforzo importante do compendio orixinal, o cal seguramente xustifique a prórroga compilatoria e en definitiva a reaparición do dossier, dispoñíbel en breve para descarga aquí, no repositorio poesiagalega.org.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org