O xurado, formado por dezaoito representantes de asociacións culturais da comarca de Sarria, valorou especialmente o constante traballo de Mini e Mero para a recuperación da tradición popular e a creación e recreación do cancioneiro galego, o compromiso coa memoria histórica e a lingua, o labor no campo educativo e a súa carreira artística.
O premio Ramón Piñeiro-Facer país, instituído no ano 2002 pola Asociación Cultural Val de Láncara, premiou nas súas anteriores edicións a Isaac Díaz Pardo, Luis Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra, Avelino Pousa, Luz Pozo Garza e a Real Academia Galega.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org