Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Galebook aposta pola poesía infantil
[16/09/2011]
A recén presentada empresa Galebook, dedicada principalmente a contidos dixitais, vén de publicar o e-book de poesía infantil As trovas de Midas, de Diana Varela Puñal. O seu próximo proxecto, O pitiño revolucionario de Xulio López Valcárcel, tamén está destinado aos máis pequenos.

Coa publicación de As trovas de Midas, de Diana Varela Puñal, a empresa Galebook estréase como selo editorial que presta unha atención especial aos contidos para nenos. Esta iniciativa empresarial, creada no marco da Universidade da Coruña, resultou gañadora no ano 2010 do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores na categoría de "Muller emprendora" convocado pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais da creación e publicación de contidos dixitais como os poemarios mencionados e diferentes materiais educativos relacionados coa lingua e a literatura, Galebook ofrece todo tipo de servizos lingüísticos.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org