Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Os sonetos de Shakespeare en galego
[14/09/2011]
Edicións Xerais de Galicia publicou este verán por primeira vez os sonetos de Shakespeare en galego, traducidos e comentados polo profesor Ramón Guitérrez Izquierdo quen dedicou a esta obra máis dunha década de traballo.

Máis de catrocentos anos despois da súa primeira edición (Londres, 1609) publícase en galego esta colección de 154 sonetos considerada un dos cumios da poesía lírica universal e que segue sorprendendo pola súa modernidade.

Ramón Gutiérrez Izquierdo, profesor de Lingua e Literatura Galegas no campus de Ourense da Universidade de Vigo, é o tradutor desta edición que inclúe notas e comentarios a cada un dos sonetos, así como tamén foi o encargado da última versión en castelán impresa pola editorial Visor.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org