Holocausto Zacoe, de Calros Solla, é unha alegoría sobre a situación do idioma e da identidade do pobo galego da que o xurado do Premio Victoriano Taibo destacou a ironía e o humor como recursos fundamentais para esquivar o "desacougo tráxico" que os poemas relatan.
No Certame Literario do Concello de Vilalba, que conta co apoio da editorial Espiral Maior, quedou en segundo lugar o poemario Entre as paredes do silencio, de Martiño Maseda Lozano. Mención especial levou a obra Trinta cantigas e cinco alalás, de Marcial González.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org