"A palabra, mínimo denominador común e refuxio último da práctica artística de Reixa, é determinante no contexto das instalacións que agora se presentan. Se en A solución Bukowski, Cicatriz-barullo e Aleluiapedia a performatividade lingüística se verte nunha secuencia de imaxes que lle serve de soporte matricial, nas restantes instalacións a imaxe apunta claramente a unha narratividade igualmente lingüística. Todas comparten a mesma visión dun presente erixido a partir de contradicións vitais, a partir dunha sociedade que toma o absurdo como ben común na construción identitaria e social."
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org