Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Vídeos do congreso sobre poesía non lírica (Vigo 2011)
[30/08/2011]
A TV da Universidade de Vigo pon a disposición pública na súa web os vídeos coas conferencias e comunicacións do Congreso Internacional sobre Poesía non Lírica celebrado o pasado mes de abril.

O I Congreso Internacional sobre Discursos non Líricos na Poesía Contemporánea: Espazos, Suxeitos, Medialidade celebrouse na Universidade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo os días 26 e 27 de abril de 2011. As conferencias plenarias e as comunicacións presentadas no Salón de Actos, cos seus correspondentes debates, foron gravadas pola TV da Universidade de Vigo e agora poden verse na súa web.

Segue activo ademais o blog DINOLIPOE (http://dinolipoe/blogspot.com), que dá conta de cuestións correlativas ao congreso e aos asuntos nel tratados.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org