Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Nova directiva para a Fundación Premios da Crítica
[13/08/2011]
Bieito Ledo é o novo presidente da Fundación á que tamén se incorporan seis mulleres de recoñecido prestixio na cultura galega

Logo da crise que puxera en perigo a continuidade da Fundación e dos premios asociados, esta renovación da directiva supón unha aposta por un proxecto máis plural e con maior presenza de mulleres. Os Premios da Crítica entregaranse desta volta en outubro, excepción debida aos cambios experimentados pola asociación, que afronta agora unha renovación dos estatutos e o deseño das categorías que serán premiadas.

A nova directiva, presidida por Bieito Ledo, está integrada por: María do Cebreiro Rábade, María López Sández, Blanca Roig, Charo Portela, Inma López Silva, Comba Campoy, Antón Pulido, Manuel Bragado, Xavier Senín, Anxo X. Rajó, Víctor Fernández Freixanes, Marcos Lorenzo, Ernesto Sánchez Pombo, Anxo Tarrío Varela e Antón Sobral.

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org