Esta obra, titulada provisionalmente Caderno para Isabel en relación a un dietario que comezou a escribir para a súa cuñada Isabel, será a última da serie que a editorial Xerais dedica a Lois Pereiro no ano en que se lle outorgou o galardón das Letras Galegas. Xunto a ela, figuran outras como a edición da poesía completa preparada pola profesora Ana Acuña, Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cícilica historia univerrsal da infamia, o volume coordinado por Anxo Angueira e Teresa Fernández titulado Que lle podo ofrecer a quen me intente?, diferentes achegas biográficas entre as que destaca a "aproximación comiqueira" de Jacobo Fernández Serrano, etc.
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org