Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Hemeroteca 2010-2014 > Novas > Nova
Distincións Setestrelos 2011 da Ínsua dos Poetas
[12/07/2011]
O sábado 9 de xullo entregáronse no Carballiño as distincións "Setestrelo 2011" na III Festa da Palabra ás seguintes persoas e institucións: Instituto de Estudios Carballiñenses, Arturo González Gil, Arximiro Marnotes Rodríguez, o xornal "Galicia Hoxe", Manuel Gallego Jorreto, Antón Lamazares e Xesús Alonso Montero.

O xurado, que acordou por unanimidade os galardóns, estivo composto por Luís González Tosar, Maribel Outeiriño, Xosé Cid, Xan Fonseca Moretón e Antonio Piñeiro, actuando como secretario Xabier Castro Martínez 

Como figura nas actas, os premiados, "todos sete, de aí o Setestrelo, destacan pola súa entrega e polo seu labor de difusión e promoción da cultura, pola súa sensibilidade co proxecto da Ínsua dos Poetas. Todos sete, cada un ao seu xeito, veñen sendo partícipes deste soño, deste diálogo permanente entre a literatura, as artes plásticas, a música... en xeral a creatividade, neste espazo natural, neste locus amoenus que medra, ano a ano, neste fraterna xuntanza entre cultura e medio ambiente".

 

 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org